Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Actividades prácticas: traballos en grupos, análise de textos... 30
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Examen final da materia, poderá ser escrito ou oral. 70
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA MATERIA – ÁREAS DE COÑECEMENTO. A
impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3 Áreas de
coñecemento: 1) Área de Dereito internacional público. Temas: 1-2 e
5-13.
Profesorado: en Dobre Grao Dereito ADE, Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) y Doctoranda Ana Maestro Cortizas (a.maestro@udc.es); en Grao Dereito, Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) y Prof. Jorge Antonio Quindimil López
(jorge@udc.es). 2)
Área de Dereito constitucional. Temas: 3-4. Profesorado: Profa. Sonia
García Vázquez (soniagv@udc.es) e Prof. Ana Aba Catoira
(ana.abac@udc.es). 3) Área de Dereito procesual: Prof. Juan Cámara
(camara@udc.es), Profa. Nuria Fachal (nuria.fachal@udc.es) e Prof. David
Soto (david.sdiaz@udc.es). Tema 14.

CÁLCULO DA
NOTA FINAL DA MATERIA: Cada unha das Áreas de coñecemento que participan
na
materia ten un peso, na avaliación final, proporcional á súa carga
docente:
Dereito internacional público: 78 % da nota final Dereito
constitucional: 15%
da nota final Dereito procesual: 7% da nota final .

DOBRE
GRAO
DERECHO-ADE: En relación coa parte relativa a Dereito internacional
público, é necesario aproba-lo examen final para que poidan terse en
conta
as notas das prácticas. É dicir: no caso dos alumnos que obteñan unha
calificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no examen final da
parte de
DIP, se lles calculará a nota da parte de DIP do seguinte modo: o 20% da
nota
mediante a evaluación das actividades de seminario (en clase, entregas
de
traballos...) e o 80% restante mediante o examen final; no caso dos
alumnos que
obteñan unha calificación numérica inferior ó 5 (sobre 10) no examen
final da
parte de DIP, só se lles terá en conta o examen final de DIP -cun peso
do 80%-
a efectos do cálculo da nota de DIP. Aqueles alumnos que
non se presenten ó examen final de DIP, serán considerados como NP polo
que se
refiere á parte de DIP. No caso das outras materias do DOBRE GRAO EN DEREITO (Constitucional e Procesual) é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en
conta as notas das prácticas. É dicir: • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final,
calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos …), e
70% restante mediante o exame final; • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.

GRAO EN DEREITO (tódalas materias) é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en
conta as notas das prácticas. É dicir: • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final,
calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos …), e
70% restante mediante o exame final; • Alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes