Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final da asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 40
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Exame do contido da materia. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final de asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 60
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN
DA MATERIA SEGÚN ÁREAS DE COÑECEMENTO

A impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3
Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional público (DIP), Leccións 1-2 e
5-13; Área de Dereito constitucional (DC), Leccións 3-4; Área de Dereito procesual
(DP), Lección 14.

PROFESORADO

DOBRE GRAO EN DEREITO + ADE

  • Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es) e
    Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es);
  • Área DC: Prof.
    Francisco Caamaño (f.caamano@udc.es);
  • Área DP: profesorado por determinar.

GRAO EN DEREITO, QUENDA DE MAÑÁ

  • Área DIP: Profa. Marta Sobrido (marta.sobrido@udc.es) e Prof.
    Jorge A. Quindimil (jorge@udc.es);
  • Área DC: Prof. Javier Ruipérez (javier.ruiperez@udc.es)
  • Área DP: Prof. Juan Cámara (juan.camara@udc.es).

GRAO EN DEREITO, QUENDA DE TARDE

  • Área DIP: Profa. Marta Sobrido (marta.sobrido@udc.es);
  • Área DC: Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es);
  • Área DP: profesorado por determinar.

GRAO EN DEREITO
BILINGÜE

  • Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es) e
    Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es);  
  • Área DC: Profa. Ana Aba (ana.abac@udc.es);  
  • Área DP: Prof. David Soto (david.sdiaz@udc.es).


CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA



 Cada unha das Áreas de coñecemento que participa na materia ten un
peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente:



  • Dereito internacional público: 78 % da nota final;
  • Dereito constitucional: 15% da nota final;
  • Dereito procesual: 7% da nota final.


PLAXIO OU COPIA



Calquera intento de plaxio ou copia, tanto nas actividades prácticas
como no examen, suporá un suspenso automático nada materia con un 0.

EVALUACIÓN NO
DOBRE GRAO DEREITO+ADE



  • En relación coa parte relativa ao Dereito
    internacional público (DIP)
    , para superar a materia deberá alcanzarse un 5 sobre
    10 no exame, que será final e oral, e suporá un 60% da nota final. Para que se poida sumar a nota das actividades
    prácticas, que suporá o 40% da nota
    final, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Se non se alcanza unha
    nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades prácticas, non se poderá sumar a
    cualificación do exame final. O alumnado que non se presente ao exame final de
    DIP, será considerados como NP polo que se refire á parte de DIP. Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
  • No caso da parte de Dereito constitucional (DC), é necesario
    aprobar o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das
    prácticas. Ao alumnado que obteña unha cualificación numérica de 5 ou superior
    (sobre 10) no exame final, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de
    actividades prácticas (en clase, entregas de traballos…) e 70% restante mediante o exame final. O alumnado que obteña unha
    cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderá a
    materia sen que se lle poida ter en conta a nota das prácticas.
  • Polo que se refire á parte de Dereito procesual (DP), o 65% a proba mixta e 35% as prácticas.


EVALUACIÓN NO
GRAO EN DEREITO



  • En relación
    coa parte de Dereito internacional público (DIP) teranse en conta o exame
    final e as actividades prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME FINAL. O
    exame representará o 80% da nota da
    parte DIP. O exame será escrito. Se no exame non se consegue un 5 sobre 10, a
    nota das actividades prácticas non se engadirá á nota final da parte DIP.
    ACTIVIDADES PRÁCTICAS. As actividades prácticas representarán o 20% da nota DIP; pero só se terán en
    conta no cálculo da nota DIP se se acadou un 5 sobre 10 no exame final DIP. O
    alumnado que non se presente ao exame final DIP considerarase non presentado no
    que se refire á parte DIP. Ao comezo do curso, informarase ao alumnado sobre a
    organización das actividades prácticas. Non se permitirá a defensa e/ou entrega
    de actividades prácticas fóra dos prazos establecidos, agás por motivos
    debidamente xustificados. As actividades prácticas non defendidas e/ou
    entregadas serán cualificadas cun 0. ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE
    ASISTENCIA Á CLASE. O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude ao
    Decanato, se lle concedeu unha exención académica para asistir ás clases
    (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial),
    pode escoller entre dúas opcións: 1) que o exame final representa o 100% da
    nota DIP; 2) que o exame final representa o 80% da nota DIP, e o 20% restante a
    través de actividades prácticas que o alumnado defenderá oralmente ao longo do
    curso (presencial ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado
    segundo ás circunstancias do caso). O alumnado deberá escoller un sistema ou
    outro dentro do prazo fixado polo profesorado. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A
    modalidade de exame será a mesma nas dúas ocasións. Como regra xeral, non se
    permite a recuperación das actividades prácticas na segunda oportunidade. Atendendo
    ás circunstancias do caso concreto, o profesorado poderá permitirlle ao alumnado
    realizar unha ou varias das actividades prácticas non realizadas ou non
    superadas.
  • No
    caso da parte de Dereito constitucional (DC), é necesario que se aprobe
    o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os
    alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no
    exame final que será escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de
    actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70% restante mediante o exame final. Os
    alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no
    exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota
    das prácticas.

  • Polo que se refire á parte de Dereito procesual (DP), o 65% a proba mixta e 35% as prácticas.


EVALUACIÓN NO GRAO BILINGÜE



  • En relación coa parte de Dereito internacional público (DIP), o
    exame final da materia será escrito e suporá o 50% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 50%
    restante. Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10. 
  • No
    caso da parte de Dereito constitucional (DC), é necesario que se aprobe
    o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os
    alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no
    exame final que será escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de
    actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70% restante mediante o exame final. Os
    alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no
    exame final, suspenderán a parte de DC sen que se lles poida ter en conta a nota
    das prácticas.

  • Polo que se refire á parte de Dereito procesual (DP), o 65% a proba mixta e 35% as prácticas.


































DEREITO CONSTITUCIONAL. SITUACIÓN
DOS ESTUDANTES CON DEDICACIÓN OU DISPENSA A TEMPO PARCIAL:





Os estudantes con dedicación ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que
solicitaran e lles fose concedida polo Decano da Facultade de Dereito a
exención de asistencia ás aulas presenciais (pódese consultar a normativa que
regula o réxime de estudos a tempo parcial), poderán ser avaliados mediante
unha proba obxectiva que representará o 100% da nota final da materia, sen
necesidade de que entreguen as prácticas ou actividades interactivas. Non
obstante, se o alumno desexa optar polo sistema de avaliación continua, deberá
facelo constar por escrito ao profesor e obter a súa aprobación tamén por
escrito.



DEREITO CONSTITUCIONAL. SANCIÓN
POR COPIA OU PLAXIO:



Calquera intento de copiar nos exames ou plaxiar os traballos ou as prácticas
pode ser penalizado cunha nota directa de "SUSPENSO: 0 puntos",
independentemente do desenvolvemento do resto do exercicio ou exame.





DEREITO CONSTITUCIONAL. PREVISIÓNS
PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE:





Para aprobar o curso, os estudantes deberán acadar unha nota mínima de
5 sobre 10 puntos nas probas obxectivas. Así as cousas, calcularase o
porcentaxe pertinente desa cualificación e engadiranse as puntuacións obtidas
nas tarefas prácticas e interactivas, no seu caso.





O tipo de exame será confirmado por cada un dos profesores
responsables de cada grupo aos seus alumnos na aula.





As cualificacións das actividades prácticas e interactivas manteranse
para a segunda oportunidade (xullo).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes