Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Filosofía do Dereito Código 612G01026
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Serna Bermudez, Pedro
Correo electrónico
pedro.serna@udc.es
Profesorado
Crego Blanco, Jorge
Pereira Saez, Maria Carolina
Rivas Pala, Pedro
Serna Bermudez, Pedro
Vergara Lacalle, Oscar
Correo electrónico
jorge.crego@udc.es
c.pereira.saez@udc.es
pedro.rivas@udc.es
pedro.serna@udc.es
oscar.vergara@udc.es
Web
Descrición xeral A materia tenta proporcionar unha comprensión global do fenómeno xurídico mediante a revisión crítica das bases históricas, políticas e científicas da paradigma dominante no Dereito contemporáneo. Así mesmo, preténdese poñer ao alcance dos estudantes unha comprensión máis profunda dalgunhas nocións, institucións, procesos e estruturas centrais estudadas ao longo da carreira, unificando e sintetizando eses coñecementos. Por tanto, aspírase a efectuar un traballo de síntese e de profundización, tanto histórica como conceptual. Ademais, preténdese introducir aos estudantes no coñecemento e a comprensión das transformacións que afectan ao dereito actual e que obrigan a revisar o paradigma dominante (o positivismo xurídico) e, finalmente, suxerir as liñas básicas dunha filosofía xurídica que permita unha comprensión máis axustada do Dereito do momento presente.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. Só serán obxecto de avaliación aqueles contidos que efectivamente se desenvolvan nas clases expositivas ou nas sesións de grupos reducidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías previstas. Só variará a contorna de realización, pasando da contorna presencial á contorna online. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e os seminarios levaranse a cabo en liña a través de Teams. Engadirase unha proba de ensaio que permitirá reducir o valor da proba final oral e avaliar a través dela a adquisición dalgúns dos resultados de aprendizaxe e das competencias da materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado a) Moodle. Empregarase para poñer ao dispor dos estudantes as presentacións (enriquecidas) dos contidos de cada tema. Isto farase ao comezo das clases da materia. Tamén se usará para a comunicación xeral cos estudantes. Presumirase que todos os estudantes coñecen o publicado polos profesores en Moodle. Así mesmo, subiranse semanalmente as ligazóns ás gravacións das clases expositivas online. Finalmente, empregarase para a realización e entrega da proba escrita. b) Teams. Empregarase cada semana para as clases de docencia expositiva (2 horas por cada quenda, excepto as semanas en que están programadas máis clases). Estas sesións de clase gravaranse e incluirase unha ligazón ás mesmas en Moodle para que os estudantes poidan velas se non puideron conectarse, ou volver velas se hai algo que desexen clarificar. Tamén se empregará para as sesións de grupos reducidos (1 hora semanal por cada grupo reducido). Estas sesións non se gravarán, en principio. Tamén se poderán empregar para sesións de titorías individuais e grupais con estudantes (o necesario, segundo demanda, ata un máximo de 6 horas semanais). Por último, empregaranse para os exames orais, que serán gravados, así como as súas respectivas revisións. c) Correo electrónico. Empregarase para a resolución de dúbidas e a titoría individual con estudantes e para a comunicación cos delegados. Procurarase responder canto antes, en todo caso dentro do prazo máximo dunha semana. 4. Modificacións na avaliación O exame final pasará a valer un 50% da cualificación final. Consistirá nun exame oral a través de Teams, que será gravado. Formularanse 3 ou 4 preguntas, elixidas de entre unha lista que se facilitará previamente aos estudantes para facilitar a preparación da proba. Os seminarios continuarán valendo o 30% da cualificación final e non variarán os criterios de avaliación dos mesmos. Introducirase unha proba escrita que representará o 20% da cualificación final. Nela, haberá que responder a un conxunto de preguntas de ensaio relacionadas cunha parte dos contidos da materia, que indicará o profesor, nas que se deberá poñer en conexión o aprendido con outros coñecementos adquiridos ao longo dos estudos de grao. Observacións de avaliación: Os estudantes que teñan dificultades para facer a súa presentación nos seminarios conectándose a través de Teams poden, previa comunicación ao profesor responsable do seu grupo reducido, seguir o sistema previsto na guía docente para os estudantes con dispensa de asistencia a clases. Se xa houberen participado asiduamente ao longo do curso e a dificultade para facer a súa intervención en forma de pregunta ou comentario fose puntual, poderán facela a través do chat de Teams ou enviala por correo electrónico ao profesor. Quen non logren aprobar a parte dos seminarios na oportunidade de maio, deberán presentarse en xullo realizando as tarefas previstas na guía docente para os estudantes con dispensa de asistencia a clases. Os estudantes do Programa de simultaneidade do Grao en ADE e Grao en Dereito cursarán a materia no primeiro cuadrimestre. Quen deba presentarse á oportunidade de xullo, se tiveren pendente a parte dos seminarios, deberán realizar as tarefas previstas para os estudantes con dispensa de asistencia a clases. Se tiveren pendente a parte teórica, deberán realizar as actividades de avaliación na forma prevista para as mesmas que estea vixente cando se haxan de celebrar (presencial ou online). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non están previstas modificacións. Para os estudantes do grupo en lingua inglesa se engadirán documentos ou ligazóns de consulta voluntaria a sitios web onde poderán atopar material de apoio para a preparar boa parte do temario exposto nas clases. Procurarase non incrementar a carga de traballo asociada á materia. Para os estudantes en galego/castelán, o único libro de bibliografía básica, do que é autor o coordinador da materia, subirase en formato pdf á páxina da materia en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes