Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Contidos
Temas Subtemas
1. A Filosofía do Dereito como comprensión e como crítica do Dereito contemporáneo. 1. A Filosofía como saber histórico.
2. Pensar o propio tempo, tarefa da Filosofía do Dereito.
3. Por onde comezar? O problema do punto de partida. A paradigma dominante como punto de partida: a Modernidade (cultural, política e xurídica) e o positivismo xurídico.
2. Modernidade xurídica e positivismo xurídico. 1. O positivismo xurídico: aproximación descritiva.
2. As bases teóricas e ideolóxicas do Estado moderno.
3. As transformacións do Dereito a partir da Codificación.
4. A aspiración a facer do Dereito unha ciencia: a ciencia xurídica nos séculos XIX e XX.
3. As deficiencias da paradigma positivista. 1. A unilateralidade do concepto positivista de Dereito.
2. As dificultades do positivismo para explicar a práctica xurídica e para proporcionar instrumentos que permitan operar nela.
3. O carácter ideolóxico do cientificismo e a índole necesariamente valorativa da actividade xurídica.
4. O Dereito actual: evolución dos sistemas xurídicos occidentais desde a segunda metade do século XX e comezos do XXI 1. Constitucionalización dos sistemas xurídicos.
2. Superación do marco do Estado e da ecuación Estado-Dereito.
3. O debate sobre as fontes da lexitimidade: democracia e/ou rule of Law ou Estado de Dereito.
4. Novos dereitos humanos fronte a dereitos humanos clásicos
5. Intentos de canalizar a dimensión argumentativa e deliberativa do Dereito. 1. Algunhas teorías da argumentación. Aportacións e límites.
6. Bases para a construción dunha filosofía xurídica capaz de dar conta do Dereito actual. 1. Unha perspectiva hermenéutica fundada ontoloxicamente.
2. O Dereito como forma de coexistencia.
7. As teorías da xustiza e as súas proxeccións nos debates contemporáneos 1. As matrices históricas: utilitarismo, libertarismo, kantismo e aristotelismo.
2. Mercado e moral.
3. A xustiza política e a ética socialdemócrata contemporánea (Rawls).
4. Argumentos a favor e en contra da discriminación positiva. Feminismo e políticas de xénero.
5. A cuestión dos méritos.
6. Virtude cidadá e as esixencias e límites da lealdade: o que nos debemos uns a outros.
7. Xustiza e ben común.
8. Sustentabilidade.
9. A invasión dos mercados sobre a moral: da subrogación do corpo feminino á compra de honras.
10. A débeda norte-sur e a responsabilidade dos países desenvolvidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes