Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Terán un carácter introductorio aos principais temas da materia, ou ben de recapitulación.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A6, A8 e A14.
Lecturas O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa dos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e xurisprudenciais-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia.
Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6.
Seminario Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7.
Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar críticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión.
Serven para desenvolver as habilidades argumentativas, orais e escritas, e un pensamento sistemático, creativo e crítico.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6.
Proba de ensaio Esta proba levarase a cabo antes do período de exames, a través do Campus virtual. Con ela preténdese comprobar o nivel de afondamento dos estudantes nos coñecementos do curso, mediante a súa aplicación a textos e documentos, así como o nivel de adquisición das competencias B3, B8 e C4.
Proba oral Trátase dunha proba que combina proba obxectiva e proba de desenvolvemento. Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas cos contidos dos 6 primeiros temas. Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6.
O profesor responsable da docencia expositiva de cada quenda poderá discrecionalmente combinar esta proba cunha proba escrita de carácter obxectivo, sobre parte da materia, que terá -en caso de ter lugar- carácter liberatorio de materia para quen obteña unha cualificación aprobatoria. Dita cualificación mediará ponderadamente o seu valor coa da proba oral final en función da proporción da materia total sobre a que versase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes