Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 A proba empregarase para avaliar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e a capacidade de reflexión crítica alcanzada sobre os mesmos. Na parte de proba obxectiva valoraranse especialmente a comprensión dos contidos, a capacidade de identificación precisa das respostas ás preguntas e a capacidade de responder con precisión conceptual e lingüística, evitando divagacións e ambigüidades. Nas preguntas que esixan reflexión valorarase, xunto ao anterior, a capacidade de síntese, de identificación dos problemas e de reflexión persoal. A corrección na expresión escrita será relevante na avaliación. A porcentaxe asignada a esta proba será compartida proporcionalmente coa proba obxectiva (exame parcial) cando o profesor decida levala a cabo. 50
Proba de ensaio A2 A6 A10 B8 B3 C1 C4 Terá carácter individual e realizarase nun tempo limitado, antes do inicio do período de exames, pero xa moi avanzado o curso, a través do Campus virtual. Consistirá en aplicar coñecementos e nocións manexadas no curso a textos e/ou documentos que deberán ser analizados e sobre os cales se solicitará unha reflexión orientada do estudante. Tratarase de mostrar o sentido crítico, a capacidade de reflexión filosófica e a capacidade de argumentación alcanzados ao longo do curso.
Na oportunidade de xullo poderase realizar esta proba novamente, pero non será obrigatorio facelo, sexa cal for a cualificación obtida anteriormente. Quen non se presente na primeira oportunidade a esta proba e tampouco o faga en xullo, non obterá puntuación algunha, pero tampouco será penalizado se logra aprobar sumando as cualificacións obtidas nas outras dúas avaliacións da materia (seminarios e proba oral).
20
Seminario A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 A avaliación da participación nas sesións de grupo reducido referirase ás exposicións dos estudantes e ás intervencións nos debates posteriores. Nas exposicións poderase obter ata un punto, e valorarase a fluidez expositiva e a capacidade de análise e síntese. En ambas as (exposicións e intervencións) valorarase o dominio dos contidos temáticos, a habilidade argumentativa e a capacidade para contrargumentar e avaliar de maneira ben fundada os diferentes puntos de vista. Polas intervencións poderanse alcanzar ata 2 puntos. Como se trata dunha avaliación continua, considerarase, en primeiro lugar, a calidade das intervencións e, secundariamente, a frecuencia ou número total das mesmas ao longo do curso. A corrección na expresión oral será relevante na avaliación. Como orientación xeral, non se poderá aprobar a avaliación continua se non se realizan 4 ou 5 intervencións de valor significativo en sesións diferentes do seminario. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso que a suma da cualificación obtida na avaliación de todas actividades avaliables acade os 5 puntos.

Non se sumarán as cualificacións se non se obtén polo menos unha puntuación de 1.2 puntos (sobre os 3 posibles) nos seminarios; e de 3.5 (sobre os 7 posibles) na proba oral e a súa eventual media coa proba parcial.

No caso dos estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas que non poidan participar nas sesións de seminarios, a avaliación das competencias correspondentes aos mesmos (30% da cualificación final) levarase a cabo realizando un traballo escrito sobre algún dos capítulos do libro de M. Sandel empregado para as sesións de seminarios, e mantendo unha conversación oral co profesor encargado do grupo de seminarios correspondente, que versará sobre os restantes capítulos do devandito libro, na que os estudantes deberán mostrar o seu nivel de afondamento nos contidos do texto e de desenvolvemento dun punto de vista crítico. Esta avaliación alternativa realizarase antes de que dea inicio o período de exames finais, en data e hora acordada co profesor, tendo como límite para a entrega do traballo escrito e para a proba oral o día de inicio de cada período de exames.

A esta modalidade alternativa de avaliación poderán acollerse tamén os estudantes que non poidan participar nas sesións de seminarios, por causas xustificadas que deberán ser apreciadas polo profesor responsable de cada grupo de seminarios. Para iso, deberán comunicar ao profesor as circunstancias que xustifiquen a excepcionalidade dentro das dúas primeiras semanas lectivas do cuadrimestre. Se se trata de circunstancias sobrevindas, deberán comunicalas en canto ditas circunstancias se produzan. Os estudantes que se presenten á segunda oportunidade (xullo) conservarán as cualificacións dos seminarios, se se chegou polo menos á puntuación de 1,2 puntos sobre 3. Os estudantes que non logren a puntuación de 1,2 na convocatoria de maio-xuño na avaliación dos seminarios deberán acollerse á avaliación alternativa descrita máis arriba na convocatoria ou oportunidade de xullo. Para quen non alcance a puntuación de 1,5 a renuncia á cualificación dos seminarios terá carácter voluntario. Na oportunidade de xullo, a data de entrega dos traballos e de realización da conversación oral será fixada polos profesores. Non poderá ser posterior ao día do exame oficial fixado para a devandita oportunidade.

O plaxio nun traballo ou a copia nunha proba escrita ou oral supoñe un 0 en dita actividade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes