Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Procesual Penal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Proporanse durante o curso aos estudantes diversos supostos de feito co obxectivo de reforzar a aprendizaxe e contribuír á avaliación. Estes supostos prácticos poderán consistir en dous tipos fundamentais:
1. Análise de textos xurídicos ou con contido xurídico. Proporase neste caso a lectura dalgún traballo doutrinal ou académico, ou mesmo literario ou cinematográfico (visionado), ao obxecto de identificar e comentar os diferentes problemas xurídicos que se podan atopar no mesmo e propiciar a discusión sobre principios ou institucións claves do dereito procesual penal.
2. Resolución de casos prácticos. A partir dalgún suposto de feito, solicitarse a análise dos aspectos xurídico-procesuais-penais do mesmo, e a resolución das cuestións planteadas, ben sexa directamente, ben sexa a través da redacción dun escrito procesual (querela, recurso, sentenza, etc.).
A resolución destes traballos poderá propoñerse individualmente ou en equipo.
Trala entrega dos mesmos polo alumnado ao profesro/a, procederase á discusión na aula.
Proba obxectiva Para a avaliación da aprendizaxe efectuarase cando menos unha proba presencial de caracter obxectivo, que podrá conter cando menos dúas partes separadas, unha primeira de análise dos contidos teórico-prácticos da materia, a través dun exame tipo test, e unha segunda - opcional - de carácter práctica, a través da resolución dun caso práctico na aula durante o tempo de duración da proba.
Sesión maxistral As principais cuestións teóricas e prácticas do curso serán introducidas a través da explicación do profesor/a na aula, onde se exporán as súas caracterísitas principais, o seu encadre na arquitectura institucional do proceso penal e as implicacións prácticas máis relevantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes