Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Procesual Penal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dereito Procesual Penal Código 612G01028
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Neira Pena, Ana
Correo electrónico
ana.neira@udc.es
Profesorado
Anguita Juega, Luis
Neira Pena, Ana
Salorio Díaz, Juan Manuel
Soto Díaz, David José
Correo electrónico
luis.anguita.juega@udc.es
ana.neira@udc.es
juan.salorio@udc.es
david.sdiaz@udc.es
Web
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso penal. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso penal; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual penal como instrumento na aplicación do ius puniendi estatal e na protección dos dereitos do imputado e da víctima; d) O procedemento preliminar; e) O xuízo oral; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) A execución penal.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non sufrirán modificacións en caso de ter que ser aplicado o plan de continxencia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manterase a estrutura da docencia, en canto á expoisición de leccións maxistrais, aínda que estas, evidentemente, desenvolveranse de xeito telemático a través da ferramenta Teams. Tamén se realizarán sesións de carácter práctico para a exposición dos casos propostos, a través de Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican A entrega dos casos prácticos realizarase, en caso de aplicarse o plan de continxencia, necesariamente a través de Moodle. As clases presenciais sustituiranse por video-conferencias a través de moodle, modulando a duración e frecuencia das mesmas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías serán substituidas por discussións en moodle e consultas por correo electrónico. En caso de considerarse necesario poderán programarse reunións on-line individualizadas a través de Teams 4. Modificacións na avaliación A avaliación, en caso de aplicarse o plan de continxencia, modificarase no seguinte sentido: - O peso da proba final obxectiva pasará a ser do 70% e o dos casos prácticos do 30%. - A proba final, consistirá nun exame oral, que se realizará a través de Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se consideran necesarias. En todo caso, poderán falicitarse aos estudantes material complementario a través da plataforma moodle, de cara a apoiar a aprendizaxe a distancia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes