Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Público Autonómico
   Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1.- CONSTITUCIÓN, ESTATUTOS DE AUTONOMÍA: CUESTIONS XERAIS E DE DEREITO AUTONÓMICO COMPARADO 1.- A posición da Constitución e os Estatutos de Autonomía na distribución territorial do poder en España. 2.- A evolución do modelo territorial español e as reformas estatutarias. 3.- Normas e institucións básicas do Dereito Público Autonómico en perspectiva comparada.
LECCIÓN 2.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: SISTEMA POLÍTICO E PARLAMENTO DE GALICIA 1.- O Estatuto de Autonomía de 1981: posición e estrutura . 2.- División de Poderes no sistema político de Galicia. 3.- Sistema electoral nas eleccións ao Parlamento de Galicia. 4.- O Parlamento de Galicia: composición e organización. 5.- O Parlamento de Galicia: funcións: a) Función lexislativa b) As relaciones Parlamento/ Xunta e a función de control c) Aprobación e control presupuestario.
LECCIÓN 3.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: A XUNTA DE GALICIA E A SÚA PRESIDENCIA 1.- A presidencia da Xunta: natureza xurídica e funcións. 2.- O Poder Executivo de Galicia: composición e estrutura. 3.- Funcionamento do Goberno: O Consello da Xunta.
LECCIÓN 4.- O DEREITO PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA: INSTITUCIÓNS DE GARANTÍA, CONTROL E ASESORAMENTO 1.- O Valedor do Pobo. 2.- O Consello de Contas. 3.- O Consello Consultivo de Galicia. 4.- O Consello Económico e Social de Galicia. 5.- O Consello da Cultura de Galicia.
LECCIÓN 5.- O PODER XUDICIAL NO ESTATUTO GALEGO 1. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 2.- As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Administración de Xustiza.
LECCIÓN 6.- A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA AUTONÓMICA: ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO 1.-A Administración xeral de Galicia: Réxime xurídico e organización. 2.- O sector público de Galicia: réxime xurídico e organización.
LECCIÓN 7.- A ADMINISTRACIÓN LOCAL EN GALICIA 1.- A garantía institucional da Administración local. 2.- As competencias municipais e provinciais. 3.- As relacións entre a Administración local e outras entidades territoriais.
LECCIÓN 8.- O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA 1.- O estatuto básico da función pública. 2.- A lexislación de función púbica de Galicia.
LECCIÓN 9.- ACTUACIÓN SECTORIAL 1.- Seguridade pública. 2.- Transporte e comunicacións. 3.- Agricultura, caza, pesca. 4.- Sanidade. 5.- Servizos sociais. 6.- Educación e investigación. 7.- Turismo, deportes e cultura.- 8.- Ordenación do territorio e do litoral. 9.- Urbanismo e medio ambiente. 10.-Vivenda.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes