Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Internacional Privado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A7 A14 B8 B11 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. Valorarase, cun 5%, as acertadas intervencións dos alumnos nas sesións teóricas de exposición do docente ao longo de todo o período de docencia expositiva. 5
Proba de resposta múltiple A1 A2 A4 A5 A7 B7 B9 B11 B2 B3 B5 Avaliarase, cun 60%, a correcta aprendizaxe dos contidos básicos da materia. O exame será de tipo test e poderá ter diferentes extensións en función dos modelos A e B. 60
Traballos tutelados A1 A2 A4 A10 A11 A14 B7 B8 B9 B10 B11 B2 B5 As actividades dirixidas representarán o 15% da nota final e consistirán na elaboración de traballos de investigación, na reflexión das solucións a casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución o docente dotará ao alumnado das necesarias orientacións didácticas e instrucións formativas, bibliográficas e documentais. 15
Presentación oral A12 B12 B2 B3 B5 C1 C2 Avaliarase cun 10% a presentación oral dos traballos tutelados. A valoración incluirá o dominio da materia obxecto do traballo así como as sólidas respostas aos interrogantes e as cuestións expostas tanto polo resto do alumnado como polo docente. 10
Estudo de casos B7 B8 B9 B10 C4 C7 C8 Valorarase, cun 5%, os comentarios de texto realizados polos alumnos, así como a delimitación dos problemas e a proposta coherente de solucións. 5
Análise de fontes documentais A9 A10 A11 B9 B10 B13 C6 Valorarase, cun 5%, as intervencións e debates de e entre os alumnos e o docente sobre informacións de viva actualidade publicadas en prensa ou nos diferentes medios de comunicación.
5
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será requisito imprescindible acadar,
como mínimo, tres puntos en la prueba de respuestas múltiples e dous puntos da
parte práctica. A nota resultante será a suma das puntuacións. Para a segunda
oportunidade do mes de xuño, gardarase a nota  da parte prácica. Os
alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial así como os alumnos con
dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba de resposta
múltiple propia e específica atendidas as súas circunstancias así recoñecidas.
A realización práctica da proba de resposta múltiple adaptarase ás especiais
circunstancias que ocasionalmente poidan concorrer nos alumnos con
discapacidadeA realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade
correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes