Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito de Sucesións
   Contidos
Temas Subtemas
LECCIÓN 1. A SUCESIÓN E O DEREITO DE SUCESIÓNS. 1.- A sucesión "mortis causa" e o Dereito de sucesións. Os principios do Dereito sucesorio. 2.- Herdeiro e legatario. Determinación do tipo de chamamento.
LECCIÓN 2. A HERDANZA. AS FASES DA SUCESIÓN HEREDITARIA. 1.- A herdanza. 2.- As fases da sucesión hereditaria. 3.- En particular, o modo de adquirir a herdanza. 4.- A herdanza xacente. 5.- A adquisición da posesión dos bens hereditarios.
LECCIÓN 3. A CAPACIDADE PARA SUCEDER. 1.- Incapacidades absolutas. 2.- Supervivencia. 3.- A indignidade. 4.- A incapacidade relativa. 5.- Efectos da indignidade e da incapacidade relativa.
LECCIÓN 4. A DELACIÓN. 1.- Concepto, clases e principios informadores da delación. 2.- O dereito de transmisión. 3.- O Dereito de representación. 4.- O dereito de acrecer.
LECCIÓN 5. O TESTAMENTO. 1.- Concepto, natureza e caracteres do testamento. 2.- A capacidade para testar. 3.- Os vicios da vontade en materia testamentaria. 4.- A interpretación do testamento.
LECCIÓN 6. AS CLASES DE TESTAMENTO. 1.- Testamentos comúns e especiais. 2.- O testamento aberto ordinario. 3.- O testamento aberto especial: o testamento en perigo de morte. 4.- O testamento pechado. 5.- O testamento ológrafo.
LECCIÓN 7. AS SUBSTITUCIÓNS. 1.- Concepto e tipos de substitución. 2.- A substitución vulgar. 3.- A substitución pupilar. 4. A substitución exemplar. 5. A substitución fideicomisaria.
LECCIÓN 8. A SUCESIÓN INTESTADA. 1.- Causas e orde de prelación no Código civil. 2.- Os artigos 267 a 269 da Lei de Dereito Civil de Galicia.
LECCIÓN 9. A SUCESIÓN FORZOSA: AS LEXÍTIMAS. 1.- As lexítimas no réxime do Código civil: A] Titulares da lexítima e a mellora. B] Cálculo da lexítima. C] Defensa da lexítima: accións, preterición e desherdamento. 2.- As lexítimas na Lei de Dereito Civil de Galicia: Lexitimarios e contía [arts. 238, 243, 253 e 254 LDCG].
LECCIÓN 10. ACEPTACIÓN E REPUDIACIÓN DA HERDANZA. 1.- Aceptación, repudiación e beneficio de inventario: A] O ius delationis: Contido e presuposto. B] A aceptación e os sistemas de responsabilidade. O beneficio de inventario. C] A "aceptación pura e simple", a "aceptación a beneficio de inventario" e a sucesión universal. 2.- Aceptación e repudiación: Teoría xeral: A] Caracteres comúns. B] Capacidade e lexitimación. C] O prazo para aceptar ou repudiar. A interpelación xudicial e o dereito de deliberar. 3.- A aceptación da herdanza: A] Delimitación. B] Formas de aceptación. 4.- A aceptación e a responsabilidade do herdeiro. 5.- A repudiación da herdanza: A] Concepto e forma. B] Efectos. En particular, o artigo 1.001 do Código civil.
LECCIÓN 11. O BENEFICIO DE INVENTARIO. 1.- Delimitación. Efectos xerais do beneficio de inventario. 2.- Réxime xurídico: A] A facultade de servirse do beneficio de inventario. B] Solicitude e forma. C] O prazo. D] O inventario. E] A Administración da herdanza. F] O pago das cargas hereditarias. G] A rendición de contas. H] O réxime ulterior ao pago. I] A perda do beneficio de inventario.
LECCIÓN 12. A COMUNIDADE HEREDITARIA. 1.- Conceptos xerais. 2.- Réxime xurídico da comunidade hereditaria.
LECCIÓN 13. A PARTICIÓN HEREDITARIA: CONCEPTOS XERAIS, OPERACIÓNS PARTICIONAIS E TIPOS DE PARTICIÓN. 1.- A partición hereditaria: conceptos xerais. 2.- As operacións particionais. 3.- Tipos de partición: A] A partición polo testador. B] A partición por contador-partidor ou comisario. C] A partición por contador-partidor dativo. D] A partición convencional. E] A partición xudicial. 4.- Efectos, invalidez e ineficacia da partición.
LECCIÓN 14. A COLACIÓN. 1.- Concepto e fundamento. 2.- Presupostos subxectivos. 3.- Presupostos obxectivos. 4.- Modo de realizar a colación. 5.- Efectos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes