Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría e práctica da argumentación xurídica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B7 B4 B5 C1 A proba obxectiva empregarase para evaluar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e das lecturas. 50
Seminario A8 A9 A12 A15 B9 A avaliación da participación nas sesións seminario terá en conta a fluidez expositiva, a habilidade argumentativa e a capacidade de análise e avaliación crítica. Tamén se tomará en consideración o dominio dos contidos temáticos e a capacidade de responder ás obxeccións ou preguntas suscitadas.
O principal criterio de avaliación será a calidade das intervencións, aínda que tamén se terá en conta a frecuencia das intervencións.
Na sesión ou sesións en que cada estudante actúe como ponente poderanse obter ata 2,5 puntos da cualificación final, en función da calidade da exposición. As intervencións efectuadas nas sesións onde non se actúe como ponente permitirán obter ata outros 2,5 puntos da cualificación final, en función dos criterios expostos
50
 
Observacións avaliación
Para
aprobar a materia será preciso obter unha cualificación aprobatoria
tanto no exame ou proba obxectiva como na avaliación das actividades
prácticas, que se realizará a través do seminario. Dito doutro xeito,
non se sumarán as cualificacións obtidas en ambas partes si non se
obteñen polo menos 2,5 puntos sobre 5 (5 sobre 10) en cada unha delas.

   

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes