Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría e práctica da argumentación xurídica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B7 B4 B5 C1 A proba obxectiva empregarase para evaluar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e das lecturas. O exame constará de diversas argumentacións que haberá que analizar á luz das preguntas propostas neste. 50
Seminario A8 A9 A12 A15 B9 A avaliación da participación nas sesións seminario terá en conta a eficacia pragmática, a fluidez expositiva, a habilidade argumentativa, a capacidade de análise das fontes documentais e a avaliación crítica. Tamén se tomará en consideración o dominio dos contidos temáticos e a capacidade de responder as obxeccións ou preguntas expostas. Na sesión ou sesións en que os estudantes actúen como relatores poderanse obter ata 3,5 puntos da cualificación final, en función da calidade da exposición. As intervencións efectuadas nas sesións onde non se actúe como relator/a permitirán obter ata 1,5 puntos da cualificación final, en función dos criterios expostos. O principal criterio de avaliación será a calidade das intervencións, aínda que tamén se terá en conta a frecuencia das intervencións. Alternativamente poderase puntuar neste último concepto a través dos exercicios postos ao dispor na plataforma virtual.
50
 
Observacións avaliación
Para
aprobar a materia será preciso obter unha cualificación aprobatoria
tanto no exame ou proba obxectiva como na avaliación das actividades
prácticas, que se realizará a través do seminario. Dito doutro xeito,
non se sumarán as cualificacións obtidas en ambas partes si non se
obteñen polo menos 2,5 puntos sobre 5 (5 sobre 10) en cada unha delas. 

Este réxime, é igualmente aplicable na oportunidade de xullo, en que se manterán os mesmos porcentaxes de cualificación. Con todo, gardarase a parte que eventualmente se aprobou na avaliación ordinaria.

No caso de que algún estudante incorra en plaxio nalgún dos exercicios, este será cualificado cun cero. 

Os estudantes con dispensa terán que facer igualmente o exame final, pero deberán poñerse en contacto co profesor durante as primeiras dúas semanas do curso co fin de efectuar a adaptación da parte de seminario e análise de fontes documentais  
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes