Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Aproximación cinematográfica ao dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A9 B7 B1 B2 B3 B5 Valoraranse de 0 a 10 puntos e se terá en conta entre outros aspectos, a presentación, a expresión, o razoamento crítico e a capacidade de persuasión. O alumno deberá ter unha nota media entre os comentarios e actividades feitas de 5 puntos para superar a materia. 80
Discusión dirixida A8 A10 A12 B8 B12 C1 C4 C6 C7 Valoraranse as intervencións dos alumnos ante as cuestións que plantexen os profesores no comentario posterior á proxección da película 20
 
Observacións avaliación

avaliación será de carácter continuo. A nota final do alumno determinarase sobre a seguinte base


1. Asistencia
e participación na clase.
Para poder superar a materia pedirase un mínimo de
asistencia ao 80% das sesións: o menos 7 das 9 sesións programadas. O
incumprimento desta esixencia presupón que o alumno opta por non
presentarse a materia. Tendo presente ademais que a materia é presencial,
establécese que aqueles alumnos que non acaden o mínimo do 80 % de
asistencia ao longo do curso non poderán presentarse a segunda oportunidade de xullo.

2. Portafolio
do alumno cos comentarios de tódalas películas proxectadas no
curso
. Valoraranse de 0 a
10 puntos e se terá en conta entre outros aspectos, a presentación, a
expresión, o razoamento crítico e a capacidade de persuasión. O alumno
deberá ter unha nota media entre os comentarios e actividades feitas de 5
puntos para superar a materia. A media farase sempre cas 10 mellores
calificacións.

No caso de que un
alumno asista a unha sesión e non entregue o preceptivo
traballo ou o entregue fora de prazo
, entenderase que a súa nota é de 0 a
efectos de calcular a media. Desta forma, a asistencia computará a efectos das
esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota media e para
precisar a posibilidade de acceder á segunda oportunidade de xullo.

O alumno que non
asista a unha sesión, sen motivo xustificado, pero entregue o traballo
terá
a nota de Non Presentado a sesión e o traballo non se lle puntuará. Desta
forma, a ausencia do alumno a esa sesión tense en conta a hora de calcular a
asistencia mínima para superar a esixencia da presencialidade mínima dun 80%.

Contrariamente,
no caso de que exista unha causa xustificada para a ausencia en algunha das sesións, o
alumno poderá facer igualmente o traballo da sesión á que non puido asistir.
Para elo precisa xustificar documentalmente a ausencia e entregar o traballo no
prazo establecido para todos os alumnos, esto é, na sesión seguinte. Esa nota
computará a tódolos efectos na media. No caso de que se xustifique a falta e
non se entregue traballo procederase de xeito ordinario, esto é, entenderase
que a súa nota é de 0 a
efectos de calcular a media. Desta forma, a ausencia xustificada computará a
efectos das esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota
media e para precisar a posibilidade de acceder as convocatorias de setembro e
decembro.
 
Os alumnos que,
cumprido o requisito de asistencia mínima, non superen o 5 poderán presentarse na segunda oportunidade de xullo. Para superar a materia os alumnos han de presentar os traballos que lle falten ou
que estean suspensos, coas mesmas condicións de contido impostas durante o
curso. Esa nota será sumada a obtida ao longo do curso e así obterase unha nova
media.

Actividades
voluntarias.
As actividades voluntarias, individuais ou de
grupo, serán tomadas en consideración para subir a nota do alumno. Estas
actividades ofreceranse polo docente de cada sesión cando este o considere
procedente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes