Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito internacional dos espazos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dereito internacional dos espazos Código 612G01047
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Profesorado
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
gabriela.oanta@udc.es
j.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O Dereito internacional dos espazos é unha materia xurídico internacional onde se estuda o ámbito físico-espacial onde se desenvolven as relacións de coexistencia e de cooperación entre os distintos suxeitos internacional, especialmente, Estados e Organizacións internacionais. Estes espazos son, en primeiro lugar o territorio, soporte físico da soberanía do Estado e delimitado mediante fronteiras. Pero o territorio non é soamente a superficie terrestre, senón tamén a marítima e a aérea, de maneira que se examinan, igualmente, os espazos marítimos (tanto os suxeitos á soberanía do Estado como os que non) e o espazo suprayacente, isto é o espazo aéreo e o ultraterrestre. Ademais, nesta disciplina analízanse outros espazos de singular importancia, como son, os cursos de auga internacionais e os espazos polares. E, finalmente, como todos estes espazos comparten o mesmo medio ambiente, tamén se explica a protección xurídico-internacional do medio ambiente. O estudo desta materia permitirá ao estudante coñecer mellor unhas institucións xurídico-internacionais que dan lugar a unha práctica moi intensa e cunha proxección profesional, sen dúbida, moi destacada como son o Dereito do mar ou o Dereito aéreo. E, tamén, abordar cuestións cruciais para o futuro da Humanidade, como son o estado ambiental dos mares e dos océanos, o uso da auga doce, o quecemento global, a cuestión do Ártico e a Antártida, ou en fin, a existencia dun Patrimonio Común da Humanidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Seminario (computa na avaliación) - Traballos tutelados (computa na avaliación) - Proba obxetiva (computa na avaliación só para os alumnos que se acollen ao Modelo de avaliación B) - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican - Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Microsoft Outlook - Moodle - TEAMS 4. Modificacións na avaliación - No se realizarán cambios, salvo que en la Modalidad B) el examen consistirá en un cuestionario a través de Moodle. *Observacións de avaliación: - Non se realizarán cambios, salvo que na Modalidade B) o exame consistirá nun cuestionario a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes