Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito internacional dos espazos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B7 B9 B10 C2 C3 C8 Valorarase a correcta execución formal e material das actividades prácticas expostas, prestando atención ao dominio dos contidos, pero tamén aos aspectos reflexivos e expresivos, así como á adquisición das diversas competencias da materia. 70
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A9 B7 Valorarase o coñecemento e dominio dos contidos non soamente memorístico senón tamén reflexivo, así como a adquisición das diversas competencias da materia. 10
Seminario A10 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B2 B3 B4 C2 C3 C6 C7 C8 Valorarase a correcta execución formal e material das actividades prácticas expostas, prestando atención ao dominio dos contidos, pero tamén aos aspectos reflexivos e expresivos, así como á adquisición das diversas competencias da materia. 20
 
Observacións avaliación

En canto ao sistema de avaliación en xeral, establécese un sistema de avaliación continua, que consistirá nunha serie de actividades dirixidas durante todo o cuadrimestre, que serán, fundamentalmente, seminarios e traballos tutelados, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.

MODELO DE AVALIACIÓN A): Necesariamente, os alumnos deberán realizar as actividades complementarias previstas na programación das actividades da materia. Pero puntuará para a avaliación global da materia soamente 1, que será elixida de maneira aleatoria polo profesor. O nivel mínimo esixido para a superación da actividade dirixida será dunha cualificación global de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada. Os alumnos poderán beneficiarse das cualificacións obtidas nas actividades dirixidas durante as convocatorias ordinarias e/ou extraordinarias ás que teñan dereito no curso académico correspondente. Así mesmo, para a cualificación global valoraranse positivamente outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do cuadrimestre, como xornadas, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terán en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, as tutorías e nas demais actividades da materia. Ademais, aqueles alumnos que desexen obter a cualificación de "Sobresaliente ou Sobresaliente MH" deberán realizar unha proba obxectiva sobre o coñecemento da materia ben de forma escrita ou ben de forma oral.

MODELO DE AVALIACIÓN B): Os alumnos que non poidan seguir o Modelo de avaliación A) deberán realizar un exame final oral sobre os contidos da materia, cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10. Así mesmo, para a cualificación global valoraranse positivamente outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do cuadrimestre, como xornadas, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terán en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, as tutorías e nas demais actividades da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes