Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  

Biblioteca

Pode contactar connosco en:

Correo ElectrónicoTeléfono
filoloxia.bib@udc.es981 16 71 00, ext. 1712

Agradecémoslle calquera suxestión que nos queira achegar para mellorarmos o servizo.

HORARIO DE APERTURA

PeríodoHorario
Períodos lectivos9.00-21.00
Agosto9.00-14.00
Períodos non lectivos (Nadal, Semana Santa…)
O de apertura do centro

PRÉSTAMO

Pode consultar a normativa de préstamo da UDC:

  • Na internet, premendo aquí.
  • Descargando un arquivo PDF coa guía de préstamo: prema aquí.
    Nela recóllense os diversos tipos de usuario, as distintas formas e condicións de préstamo, as sancións previstas e como reservar documentos que se atopan prestados.

Pode renovar o seu préstamo de dous xeitos:

  • En persoa, na propia biblioteca.
  • Por teléfono, na extensión 1712.

REPROGRAFÍA

A biblioteca dispón dunha máquina reprográfica para os usuarios no seu andar -1:
para utilizala precisa unha tarxeta que pode adquirir no servizo de reprografía do centro.
- O horario de tarde é de 16:00 a 17:00

WI-FI

Case todos os postos de lector contan con tomas eléctricas para computadoras portátiles.
A biblioteca dispón de conexión inarámica á internet nos seus catro andares:
para usala, debe estar dado de alta como usuario da UDCWIFI:
se precisa máis información sobre como darse de alta ou como utilizar a conexión Wi-Fi, prema aquí.

PERSOAL

Son cinco as persoas que integran a plantilla da biblioteca.
Ademais, a biblioteca conta durante algúns meses do curso con varios bolseiros colaboradores en tarefas bibliográficas.

NomePostoTurnoExtensión
Marta Lago MéndezDirectoraMañá1711
Carmen Rodríguez VeigaBibliotecariaMañá4716
Sara Fernández RodríguezBibliotecariaTarde4716
Pilar Velasco RoelAuxiliar de bibliotecaMañá1712
Pablo Santos GulíasAuxiliar de bibliotecaTarde1712

PROPOSTAS DE ADQUISICIÓN DOS USUARIOS

Os usuarios poden propor novas adquisicións, ben porque eses títulos non se atopen nos nosos fondos,
ben porque o número de exemplares sexa insuficiente ou estean danados.
Poden presentar as súas propostas:

  • por escrito, no mostrador da biblioteca ou
  • na web do cátalogo da biblioteca, cubrindo o formulario que atopará en
    Servizos > Suxestións de adquisicións.

CURSOS DE FORMACIÓN

A Biblioteca de Filoloxía imparte cursos de formación de usuarios durante todo o ano baixo demanda:
o prazo de inscrición está aberto permanentemente.
Pode informarse na mesma biblioteca ou na extensión 1712.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes