Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
 Asignaturas
  Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A9 A10 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 Cando se defina o tipo de traballo especificaranse tamén os aspectos a avaliar. Por exemplo, para un traballo académico de análise, terase en conta a profundidade da análise, a orixinalidade das ideas, a organización e presentación, así como a corrección do inglés empregado. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 Valorarase a participación activa e os resultados en todas as discusións, debates e actividades en clase e fóra de clase (recensións, análises literarias, lecturas, preparación de presentación oral, etc). A preparación previa do material é esencial. 50
 
Observacións avaliación
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 
1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota; 
2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria.
Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia. 
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo.  
  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes