Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Estudos ingleses e medios de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A3 A5 A7 A8 A10 A15 B3 B4 B7 B8 B9 B14 A asistencia a clase é obrigatoria.

- Exame curto de opción múltiple, respostas curtas, verdadero/falso, etc para amosar o progreso de aprendizaxe do alumnado sobre as materias traballadas na clase. (25%)

- Entrega dun traballo ou proxecto escrito (25%)
50
Presentación oral A2 A3 A5 A7 A8 A10 A15 B3 B4 B7 B8 B9 B14 Presentación oral en inglés. Terá un valor do 50% da nota total do traballo final. 25
Obradoiro A2 A3 A5 A7 A8 A10 A15 B3 B4 B7 B8 B9 B14 Esta parte da avaliación consistirá en preguntas do profesorado ao alumnado, tanto orales como escritas. Se terá en conta a participación activa na plataforma virtual e nas discusións nesta materia. 25
 
Observacións avaliación

Os
progresos do alumnado serán avaliados no transcurso do seminario, tendo en
conta a asistencia a e a participación activa nas sesións presenciais, ademais
do traballo individual de cada alumno/a. Contemplaranse a participación,
implicación e execución das tarefas orais e escritas, realizadas dentro e fora
da aula (por exemplo, exercicios, problemas, comentarios, tarefas escritas,
presentacións orais e escritas, problemas de análise, e tests).

Dado
o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á
oportunidade de xullo.

Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.

Quen
non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de
xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os
exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades.

Importante.
Calquera indicio de PLAXIO resultará no suspenso para o alumno nesta materia.

  • Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado
    coa finalidade de revisar porcións detexto procedentes doutros textos e
    sinalar a súa procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio. O
    seu uso é opcional, pero deberá advertirse ao estudantado na guía docente
    xa que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras
    universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia
    acontecese, entenderase como contraria á honestidade académica e
    aplicarase a Normativa Académica de evaluaciones, de calificaciones y de
    reclamaciones avaliación.

  • Con este aviso, quedan advertidos das consecuencias
    académicas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes