Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A9 A12 Traballo virtual, participación crítica na clase e colaboración activa nas discusións. 30
Traballos tutelados A13 B2 B4 B7 B10 B11 Traballo de análise e crítica sobre al menos un dos textos discutidos na clase. Existe a posibilidade de articular ese(s) texto(s) con outros non discutidos na clase, sempre co consentemento previo do profesor. 50
Presentación oral A10 B1 B3 B7 B9 Presentación crítica dun tema derivado dalgún (ou, preferiblemente, varios) dos textos propostos para cada sesión. A presentación non será puramente descriptiva, senón que aportará unha visión particular e subxectiva do alumnado que estea encargado da presentación. 20
 
Observacións avaliación
<p>Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.</p><p>

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.</p><p>

Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.</p><p>

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que&nbsp;demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.</p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes