Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 B11 B15 Participación nas aulas e realización das tarefas que se propoñan ao longo do curso nas sesións presenciais ou a través de medios virtuais (plataforma virtual). 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B2 B6 B12 B14 B15 Elaboración dun traballo de investigación escrito. 50
Presentación oral B4 B7 B8 B9 B11 B12 B15 Realización dunha presentación oral na aula baseada no traballo de investigación. 35
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS

Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de ‘non presentado’. Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado será cualificado con “non presentado”.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.

Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.


OPORTUNIDADE DE XULLO

O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado co mesmo valor porcentual (50%); 2) unha presentación oral, xa sexa en vivo ou enviada a través de vídeo gravación (35%); 3) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (15%).


ALUMNADO CON DISPENSA

Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto  coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes