Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Cognición e Procesos Cognitivos na Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A4 B7 B8 B10 A asistencia é obrigatoria.
Participación activa nas clases que se plantexen como interactivas: ata un 20% da nota final.
Traballo(s) de curso realizados en clase: 60% (excepcionalmente podería encargarse un traballo fóra da aula ou a preparación dunha exposición oral)
Destreza na expresión en inglés tanto oral coma escrita e correcta estruturación e presentación das actividades o da participación nos debates e seminarios: ata un 20%
50
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 Proba escrita na que se inclúen os contidos teóricos e prácticos do curso, coa presenza de preguntas teóricas e exercicios. 50
 
Observacións avaliación

Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.

Quen
non leve a cabo os traballos encomendados, no seu caso, ou non teña realizado traballo superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado. A non presentación á proba obxectiva acarreará, independentemente do resto das cualificacións obtidas, a cualificación de NON presentado. 

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un ou máis exercicios do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade o a correspondente proba escrita obxectiva. 

Máis sobre os plaxios: moi importante 

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes