Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A4 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Participación activa nas sesións presenciais:
10%

Actividades y tarefas (dentro y fora da aula) relacionadas cos contidos do curso: 20%

Traballo supervisado escrito:70%
Presentación oral/borrador do traballo
Data de entrega da versión escrita do traballo (primeira oportunidade): data oficial do exame.
Presentación oral: última sesión de clase
100
 
Observacións avaliación

Os progresos do alumnado serán avaliados no transcurso do seminario, tendo en conta a asistencia a e a participación activa nas sesións presenciais, ademais do traballo individual de cada alumno/a. Contemplaranse a participación, implicación e execución das tarefas orais e escritas, realizadas dentro e fora da aula (por exemplo, exercicios, problemas, comentarios, tarefas escritas, presentacións orais e escritas, problemas de análise, e tests).

OBSERVACIÓNS á AVALIACIÓN

  • Dado o carácter semi-presencial do título, aasistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
  • Quen teña concedidadispénsaa académica, e como establece a Normativa de permanencia dauniversidade, será avaliado exclusivamente en base ao traballo supervisado e a súa presentación oral.
  • Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías deavaliación, obterá a cualificación de Non Presentado.
  • Quen non aprobe na primeira oportunidade terá a posibilidade da oportunidade de xullo, na que cadaestudante terá que demostrar adquirir as competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual (70%) e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades (30%).Entrega do traballo supervisado e dos exercicios o día da proba marcada no calendario para o exame da segunda oportunidade. Presentación oral do traballo tutelado de investigación o día do exame de xullo.
  • Calquera evidencia de PLAXIO resultará no suspenso do alumno nesta materia. Véxase o acordo tomado pola Xunta de Facultade:
  • Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións detexto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio. O seu uso é opcional, pero deberá advertirse ao estudantado na guía docente xa que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese, entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa Académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones avaliación.
  • Con este aviso, quedan advertidos das consecuencias académicas.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes