Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B14 B15 -Preparación dunha presentación oral 20
Seminario B10 B11 B13 B14 B15 -Participación na clase, durante as sesións presenciais e a través doutros medios (e-mail, fórums de debate, plataforma virtual) 30
Traballos tutelados A9 A10 A11 As actividades poden incluír:
-Resumos críticos e/ou recensións das lecturas obrigatorias.
-Escribir un resumo (obxectivos de investigación, enfoque, método, datos, resultados esperados) xunto coas súas palabras crave.
-Escribir un ensaio de investigación

50
 
Observacións avaliación

-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UNHA das actividades asignadas (i.e. traballos, presentación, etc.) e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Dado que o máster
contempla a aprendizaxe tanto presencial como a distancia, os/as estudantes
deben asistir ás sesións na aula de clases, a menos que solicitasen e obtivesen
a exención oficial da devandita asistencia. Neste caso, a avaliación realizarase
da seguinte maneira: participación a través de canles como correo electrónico, foros
de discusión, plataforma virtual, etc. (10%); exame oral ou escrito (20%);
outras formas de traballo escrito (50%); e presentación oral, xa sexa en vivo ou
gravada (20%). Estas normas son extensibles ao alumnado que, por causas debidamente xustificadas, non puidese acceder ao método de avaliación continua especificado arriba.

-Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.

-Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.

-Como di a guía común, as competencias totais a adquirir nesta materia son: CB6, CB7, CB9, 
G01, G02, G04, G05, G06, G08, G09, G10, E09, E10, E11. 

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes