Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A10 B11 Análise e comentario de textos (oral ou escrito). 10
Presentación oral B9 Breve exposición oral do traballo tutelado de investigación. 10
Traballos tutelados B6 B7 B10 B11 Traballo de investigación (final long essay), que será presentado oralmente e máis por escrito ao final do curso. 50
Seminario A10 A11 Valorarase a asistencia do alumnado ás sesións e a súa participación.
Os debates acerca dun texto/tema concretos levados a cabo nos seminarios complementan o debate virtual (on-line), e viceversa.
20
Debate virtual B9 B11 Debate en liña no que o alumnado deberá participar de xeito activo e crítico, afondando nos textos e temas abordados na clase, nomeadamente nos seminarios. 10
 
Observacións avaliación

RESUMO DA EVALUACIÓN 

  • 40% avaliación continua (20% attendance and participation + 20% essays and other activities) 
  • 60% ensaio final  (supervised project + presentation)

Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que se mantén o traballo tutelado (60%), máis os exercicios de clase e outras actividades de avaliación continua (40%) son substituídas por probas escritas realizadas na data oficial do exame.

Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de Non Presentado.

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes