Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Sociedade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura, Cultura e Sociedade Código 613584103
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Aproximación das relacións entre literatura, cultura e sociedade, prestando especial atención ás escolas teórico-críticas que parten de postulados sociolóxicos, sistémicos e/ou de base marxista
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións nos conteúdos previstos no guía docente 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as Lecturas e os Traballos Tutorizados. *Metodoloxías docentes que se modifican Fican sen efeito a Sesión Maxistral, a Discusión Dirixida, as Prácticas através de TIC, o Glosario e o Seminario. A percentaxe atribuída agora a estas metodoloxías será distribuída equitativamente entre as Lecturas (50%) e o Traballo Tutorizado (50%) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Toda a información e a documentación relativa ao seminario está accesíbel no Moodle da materia. Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado. Correo electrónico a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación Lecturas (40%): Cada estudante fará tres leituras: - dous textos seleccionados de cada un dos dous primeiros blocos en que foi organizado o item “Leituras”, segundo figura no documento coa Planificación da Materia disponibilizado no Moodle; - o terceiro texto corresponderase cunha outra leitura breve indicada por cada estudante para conformar o Bloco 3; esta poderá, ou non, corresponderse coas suxestións colocadas na bibliografía que encerra o referido documento. Traballo Tutorizado (60%): A partir das leituras dos tres textos seleccionados cada estudante elaborará un Resumo contendo os obxectivos perseguidos, os métodos utilizados e as conclusións ou hipóteses atinxidas en cada texto; un Esquema que conteña a estrutura e as principais ideas presentes en cada artigo; un Glosario cos principais conceitos relativos ao artigo/asunto en foco; seleccionará tres Fragmentos considerados de especial relevancia para o entendimento dos conteúdos totais ou parciais do texto; por último, cada persoa responderá nunha extensión máxima de unha páxina a pergunta: En que reside o interese do texto e cal é a súa utilidade formativa no ámbito do Mestrado? O Resumo, Esquema, Glosario, Fragmentos e Resposta ás cuestións referidas serán entregues, en formato pdf devidamente identificado através dunha tarefa habilitada aos efeitos no Moodle da materia na data acordada co docente. *Observacións de avaliación: As persoas matriculadas realizarán aqueles traballos tutelados (6 valores) e aquelas leituras (4 valores) que lle foren encomendados de acordo co previsto nesta addenda. As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular. As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Son disponibilizados no Moodle todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes