Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Lecturas A10 C7 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 30
Seminario B10 C9 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 10
 
Observacións avaliación


  1. A
    avaliación da materia será feita de forma continua na primeira
    oportunidade
    . Nela serán levados en conta non apenas os
    elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén,
    de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas
    e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de
    ensino-aprendizaxe.




  2. Todas
    as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
    prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
    profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
    pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
    prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
    materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
    superior a 5 puntos sobre 10.




  3. Se
    houver criterios específicos de avaliación para algunha das
    tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
    profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
    e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
    igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
    desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.




  4. Todas
    as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
    de formato y corrección lingüística (ortografía, puntuación,
    concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
    léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
    lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
    cualificación segundo os criterios que figuran no documento
    "Exixencias mínimas de corrección lingüística"
    (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
    no Campus Virtual).




  5. Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
    ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
    tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
    será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
    traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
    Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
    traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
    incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de
    honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
    nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
    cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
    fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
    comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
    na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
    cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
    a convocatoria extraordinaria.




  6. As
    persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
    continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á
    oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda
    oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na
    data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas
    lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren
    encomendados.




  7. O
    estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá
    realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola
    Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada
    co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que
    lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este
    alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do
    correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que
    certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar
    co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que
    esta circunstancia se producir.




  8. O
    alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
    terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia
    e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data
    marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou
    traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.




  9. Será
    considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue
    ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente
    ao exame na oportunidade correspondente.




  10. A
    materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
    de medidas voltadas ao
    apoio á diversidade
    (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
    coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
    servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
    Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
    prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
    académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
    (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).




  11. De
    acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
    docencia universitaria, esta materia incorpora a
    perspectiva
    de xénero

    nos seus contidos e organización.
    Será usada
    linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de
    bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de
    xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na
    participación do alumnado en todos os procesos de ensino e
    aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da
    igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos
    nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións
    de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións
    e medidas concretas para as corrixir.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes