Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 60
Seminario A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 5
Presentación oral B2 B10 B3 Avaliación da presentación oral do traballo tutelado. 25
Obradoiro A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%).

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes