Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Arte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Traballo titorizado consistente na asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural, acordadas previamente co profesor, ou a exposicións virtuais ou actividades artísticas na web, sempre ligadas á materia. Dará lugar a un informe escrito por parte do/a estudante. 35
Seminario A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C6 C8 C9 Participación, intercambio e debate na aula que, xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
15
Proba oral A13 A1 A2 A3 A4 A5 A14 A8 A9 A12 B13 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
 
Observacións avaliación

Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son
orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.
O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante
realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a
materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que,
como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na
proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por
asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das
actividades realizadas no curso.

2. O 35% obterase pola elaboración dunha recensión de:

a) A asistencia a actividades de ámbito local, como a visita activa a exposicións.

b) No seu caso, a visita a exposicións virtuais na Rede.

c) A recensión dunha obra incluída na bibliografía final.

En calquera caso, o anterior debe estar relacionado coas materias do curso e serán sempre sobre actividades acordadas previamente co profesor.

3. O 15% restante corresponde á asistencia activa e á realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4.
A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha
avaliación semellante. Enténdese que calquera actividade que acade unha cualificación de 4 na primeira convocatoria fica exenta de recuperación para a segunda.

5. O
alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto,
recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas
a esta proba.

6.
Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica
recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a
matrícula. O alumnado con dificultades para asistir de modo presencial, sexa por incompatibilidade horaria, por razóns laborais ou por calquera outra causa, deberá comunicalo ao profesor nas dúas primeiras sesións da materia. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

7. O sistema de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesor no mes de outubro.

8. Calquera traballo, oral ou escrito, debe ser orixinal ou citar debidamente as fontes utilizadas. O plaxio demostrado, ou o uso de citas sen marcar e sen a correspondente referencia, determinará o suspenso inmediato para o alumno ou alumna. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

9. O prazo límite para a entrega de traballos escritos será, agás outra indicación do profesor, o da data de exame oficial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes