Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Literatura e o seu Contorno Sociocultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A4 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B10 B3 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 Valorarase a capacidade de comprensión e reflexión crítica do alumno en función dunha análise hermenéutica e histórico-social sobre un tema obxeto de estudo da asignatura, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes á bibliografía e o uso correcto do idioma castelán. 50
Obradoiro A1 B5 B14 C7 Os alumnos levarán a cabo os seguintes exercicios prácticos:
1. Reflexións críticas sobre temas pertinentes á lectura.
2. Análise de textos e contextos: interpretación crítica de diversas lecturas obxecto de estudo.
Valorarase a capacidade de comprensión, a orixinalidade do plantexamento crítico, o rigor da análise, a claridade da exposición e o dominio do idioma castelán.
50
 
Observacións avaliación

En calquera das metodoloxías avaliables, é necesario obter unha cualificación mínima de catro sobre dez para superar a materia.Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles estudantes que non presenten en tempo e forma o traballo tutelado.

Na segunda oportunidade (convocatoria de Xullo), gardaranse as notas de todas as actividades superadas e proporánse actividades alternativas ás que se fixeron nos obradoiros e non se superaron.

Os traballos e actividades entregaranse en tempo e forma e deberán cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc).

O estudantado con dispensa académica de asistencia a clases entregará o traballo tutelado e realizará actividades alternativas ás que se fagan nos obradoiros. Poderánse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con necesidades específicas de aprendizaxe.

Na convocatoria adiantada de decembro, o sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesor no mes de outubro.

Será necesario polo menos un nivel de competencia lingüística en español B1 para cursar esta materia.

Se, no curso da avaliación, o profesorado tiver algunha dúbida razoable a propósito da autoría do traballo tutelado, poderá entrevistar ao alumnado durante a revisión de notas para verificar a mesma. Neste caso, a entrevista será grabada e servirá para revisar a nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes