Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Recepción da Literatura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) A Recepción da Literatura Código 613584113
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ledo Martínez, Jorge
Correo electrónico
j.ledo@udc.es
Profesorado
Ledo Martínez, Jorge
Correo electrónico
j.ledo@udc.es
Web http://coruna.academia.edu/JorgeLedo
Descrición xeral Este curso céntrase nos procesos de recepción de fontes clásicas e antigas na literatura medieval tardía e renacentista. As sesións presentan un enfoque analítico dos procesos de estruturación e da evolución posterior do así chamado "humanismo renacentista". Cada sesión deseñouse con catro metas en mente. En primeiro lugar, partirase do coñecemento previo sobre o período (ca. 1350- ca. 1600) para ofrecer conexións inesperadas entre os textos e novas maneiras de lelos. Segundo, animarase aos estudantes a que teñan en conta distintas tradicións literarias e a que establezan conexións entre textos literarios e non literarios. Terceiro, cada sesión [a.] conectará o tema discutido cos debates en curso sobre os estudos do Renacemento, [b.] explicará o potencial das ideas avaliadas e como se relacionan con fenómenos máis complexos e [c.] presentará problemas, textos e autores que merecen ser explorados máis a fondo. Cuarto e último, confío en que cada sesión sente as bases —metodolóxicas e bibliográficas— para que os estudantes sexan quen de perseguir os seus intereses na súa propia investigación sobre os textos do período.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes