Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A14 A13 A12 A8 A6 A5 A4 A2 A1 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 10
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 10
Traballos tutelados A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
 
Observacións avaliación

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá poñerse en contacto coa profesora (ben durante o horario de tutoría, ben a través do correo electrónico: carme@udc.gal)para fixar as condicións da súa avaliación.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, ou que no se presentase á avaliación ordinaria, contará cunha avaliación extraordinaria no mes de xullo. Para superar a materia terá que realizar unha prueba mixta para avaliar as lecturas (20%) e presentar un novo traballo/ensaio (80%).

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes