Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Discursos Críticos e Procesos de Canonización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A8 B5 B6 C4 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas” e dos “Seminarios” 10
Discusión dirixida A2 A3 B7 B8 C3 C5 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A14 B4 C2 C6 C8 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 30
Lecturas A13 A5 A9 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 20
Seminario A12 C7 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será feita de forma continua. Nela serán
levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar
correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as
competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe
colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Neste sentido, todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán
publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio
das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas
fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada
previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as
mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao
atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique
imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado
da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminario e,
para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e
aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación
para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente
disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou
expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas
instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo.
Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán
realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na
oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren
agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes