Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
  Investigador
  AI1 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
  AI2 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
  AI3 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
  Mixto
  AM1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
  AM2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
  AM3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
  AM4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
  AM5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
  AM6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
  AM7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
  AM8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
  AM9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
  BP2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
  BP3 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
  BP4 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
  BP5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
  BP6 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo
  BP7 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
  BP8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  Investigador
  BI1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base e oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BI2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos. dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BI3 Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  Mixto
  BM1 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BM2 Falar ben en público
  BM3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
TipoC Código  
  Investigador
  CI1 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
  CI2 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
  CI3 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación
  Mixto
  CM1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
  CM2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
  CM3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
  CM4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
  CM5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
  CM6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes