Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Lingüística de corpus
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingüística de corpus Código 613836002
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos da materia ·Coñecer a metodoloxía de traballo baseada en corpus. ·Coñecer os requisitos que debe cumprir un corpus para ser unha mostra representativa dunha lingua. ·Recoñecer e aplicar termos e conceptos fundamentais que se usan habitualmente no campo da lingüística de corpus. ·Coñecer os diferentes tipos de corpus posibles, a súa clasificación en función de varios criterios, así como as fases necesarias para o seu desenvolvemento. ·Recoñecer e reflexionar sobre os principios, procedementos e técnicas usadas na lingüística de corpus en diversos campos profesionais. ·Capacitar o alumnado para operar no tratamento automático da linguaxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións nos contidos en caso de docencia semipresencial ou non presencial. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Traballos tutelados, Lecturas, Obradoiro, Discusión dirixida, Sesión maxistral. Mantéñense as mesmas metodoloxías. En caso de docencia semipresencial ou non presencial as mencionadas metodoloxías realizaranse telematicamente mediante plataformas como Teams ou Moodle, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado En caso de docencia semipresencial ou non presencial a atención personalizada realizarase mediante medios telemáticos (correo electrónico, Teams ou outra plataforma de videoconferencia). Na medida do posible, para evitar confluencia con outras materias, utilizarase para a atención personalizada realizada en videoconferencia o horario semanal da materia e o horario de titorías do profesor aprobado a principios do curso. 4. Modificacións na avaliación Non cambian os valores respectivos de cada parte da avaliación en caso de docencia semipresencial ou non presencial, tanto para a primeira coma para a segunda oportunidade. *Observacións de avaliación: Os tres instrumentos de avaliación previstos non necesitan modificación para adaptarse á docencia semipresencial ou non presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes