Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Lingüística de corpus
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C1 C3 C6 Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. 60
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B5 B8 C3 C5 C6 Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. 25
 
Observacións avaliación
A asistencia e participación nas clases e tutorías puntuará un 15 % da nota.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota dos traballos constituirá o 100% da cualificación final (70% traballo titorizado, 30% actividades).

Será cualificado como "non presentado/a" en ambas oportunidades quen non entregue o traballo tutelado.

Para a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado
oficialmente para o exame.

As actividades entregaranse na plataforma Moodle ou enviaranse por correo electrónico desde a
dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Só se aceptarán traballos, actividades, etc., que se entreguen no prazo establecido.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística
propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.).  Penalizarse a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de
procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.

Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos e actividades non presenciais supoñerá o 100 % da nota final (70-30%), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes