Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Tecnoloxías lingüísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 B2 B4 B7 B9 C6 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 65
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 B5 B7 B8 C5 O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibeis na web. 20
Obradoiro A9 A10 B2 B8 B10 C6 C8 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.  O plaxio
total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser
recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa
esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A
CUALIFICACIÓN FINAL
responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 65% obterase polos
traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se
fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se
realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a
evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a
colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa
aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 20% responderá as prácticas autónomas a través das TIC que os estudantes realizarán ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

Moi importante: Este
reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e
participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota
final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

Calificación de No Presentado. Recibirán calificación
de Non Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen
menos do 30% das actividades evaluables.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.

O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles
traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen
acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha
serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento
de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.

No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e
participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da
cualificación final.

ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada
polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto
na primeira coma na segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes