Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación, elaboración de dous resumos e elaboración dun traballo tutelado).
O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións.
Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS.
Seminario As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada.
Solución de problemas Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais.
Recensión bilbiográfica Elaborarase unha RECENSIÓN dun artigo ou dun capítulo dunha monografía escollidos polo/a estudante de entre os que figuren na bibliografía dos temas do programa
Traballos tutelados O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións e as directrices pertinentes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes