Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 Un 45 % obterase da realización de PRÁCTICAS con exercicios preparados en horas non presenciais. Poderase considerar deste 45 %, un 10 % para PRESENTACIÓN na clase ou online do traballo de curso. No seu lugar podería facerse a exposición oral dunha lectura ou dunha das prácticas preparadas fóra da clase. 45
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C8 Un 45% corresponderá á realización dun TRABALLO TUTELADO, cuxas instrucións se darán nas primeiras sesións do curso. 45
Sesión maxistral B5 B7 C7 C8 Un 10 % da nota final responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observarase o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 10
 
Observacións avaliación
1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:
1.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de tarefas realizadas no curso non se acadou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.
1.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de aprobado na 1ª oportunidade tamén poderán reelaborarse, se así o decide o estudante. En caso contrario, nesta 2.ª oportunidade manterase a cualificación que obtiveron na 1.ª.
1.3. As tarefas que non se teñan presentado na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade coa mesma porcentaxe da cualificación final que se lles asigna na 1.ª.
1.4. Na avaliación da 2ª oportunidade tamén se terá en conta a cualificación obtida na 1ª por asistencia, participación e desempeño, que corresponde ao 10 % da cualificación final. Aos estudantes que non teñan cualificación neste apartado por ausencias xustificadas ou por dispensa de asistencia, o 10 % correspondente integraráselles na nota do traballo tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 55 % da cualificación final).
 
2. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:
2.1. Recibirán a cualificación de NON PRESENTADO (NP) os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado ou non realicen de forma completa algún dos outros dous grupos de tarefas e teñan acadado o nivel de aprobado nas restantes.

3. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
3.1. Aos/Ás estudantes matriculados a tempo parcial e con DISPENSA ACADÉMICA concedida integraráselles a cualificación deste apartado na nota do Traballo tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 50 % da cualificación final).

4.OUTRAS OBSERVACIÓNS
4.1. Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, poderán activarse as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes