Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Prácticas externas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas externas Código 613836006
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Alonso Ramos, Margarita
Alvarez Caccamo, Celso Maria
López Viñas, Xoán
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
margarita.alonso@udc.es
celso.alvarez.caccamo@udc.es
xoan.lopezv@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas externas consistirán na actualización das competencias adquiridas no mestrado nun entorno profesional real. Teñen como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura. Anualmente publicarase a oferta de prazas de prácticas. As prazas ofertadas serán adxudicadas segundo criterios académicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá mudanzas. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican -Modificarase parcialmente a metodoloxía “Traballos tutelados”, que se corresponde coa Memoria de prácticas. Nesta metodoloxía, o/a alumno/a deberá elaborar a memoria seguindo as orientacións xerais do/da titor/a académico/a e do/da titor/a profesional por parte da entidade. No caso de que o/a alumno/a non poder realizar as prácticas nunha contorna profesional por non se poderen manter os parámetros antecitados, só se seguirán as orientacións do/da titor/a académico. -Modificarase parcialmente a metodoloxía “Prácticas clínicas”, que se corresponde coa realización das prácticas académicas externas curriculares. Estas prácticas consistirán na aplicación nunha contorna profesional dos coñecementos adquiridos no conxunto do mestrado, tanto no módulo de formación xeral como nos das especialidades. No caso de que o/a alumno non poder realizar as prácticas nunha contorna profesional por non se poderen manter os parámetros antecitados, as prácticas poderán substituírse total ou parcialmente (50 %) por outros traballos, proxectos, resolución de casos prácticos ou outras actividades análogas. Por este motivo, poderase optar por algunha das seguintes opcións: -Continuar co desenvolvemento das prácticas de maneira non presencial. -Manter as prácticas na modalidade presencial, sempre que se garanta que se respectan os parámetros que as autoridades sanitarias diten. -Substituír as prácticas por outras actividades. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico e campus virtual: permanentemente. -Teams: a petición do alumnado. 4. Modificacións na avaliación -Prácticas clínicas (50 %): Segundo a opción cursada na metodoloxía “Prácticas clínicas”, que se corresponden propiamente co desenvolvemento das prácticas externas, a avaliación desta parte será feita polo/a titor/a profesional, que remitirá un informe da actividade realizada presencial ou telematicamente polo/a estudante na empresa ou institución, ou polo/a titor/a académico/a no suposto de que as prácticas fosen substituídas por outras actividades. -Traballo tutelado (50 %): O/A estudante terá que elaborar unha Memoria de prácticas seguindo as orientacións xerais do/da titor/a académico/a e do/da titor/a profesional por parte da entidade, ou só do/da titor/a académico/a se as prácticas fosen substituídas por outras actividades. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non procede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes