Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Digitizing and Editing
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas (45 % da cualificación final). 2. Preparación da edición dun texto mediante a recopilación da actividades realizadas nas sesións de obradoiro (15 % da cualificación final). 60
Workshop A10 B2 B3 B7 Tarefas de edición, corrección e maquetación de textos. 15
Guest lecture / keynote speech B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
ICT practicals A10 B2 C6 Posta en práctica dos contidos da materia mediante actividades realizadas con programas de edición de textos. 15
 
Assessment comments

Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos.

Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas na plataforma Moodle. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través de Moodle.

En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado.

O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán mediante Moodle.

Poderanse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes