Esta materia pretende proporcionar aos estudantes unha serie de capacidades, tanto conceptuais como procedementais, que lles permitan coñecer que é unha rede de comunicacións, que é Internet, e como se poden obter beneficios tanxibles da información que reside nela, utilizando para elas as ferramentas e técnicas de recuperación de información máis axeitadas.
Descritores: Utilización da tecnoloxías básicas de Internet. Conceptos básicos de redes de comunicación. Conceptos básicos de Internet e navegación en Web. Buscadores Web e Recuperación de Información. A Web como base de datos documental.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías