Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Linguistic Information and Internet
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A9 B1 B7 B8 B10 C5 C6 C8 Participación nas aulas e outras actividades de avaliación 10
Supervised projects A10 B2 B3 B4 B5 C7 Traballos (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Short answer questions A9 B1 B7 B8 B10 Exercicio escrito (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Problem solving B2 B3 B4 B5 B8 Exercicios e actividades propostas 10
 
Assessment comments

No caso da proba escrita, o criterio fundamental de avaliación será a demostración por parte do alumno do seu dominio dos contidos teóricos da materia.

No caso das demais sesións, os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos formulados nos enunciados dos exercicios, o grao de asimilación das técnicas vistas nas sesións teóricas, a claridade das explicacións do alumno á hora de presentar a solución proposta, e a responsabilidade no uso axeitado dos recursos dispoñibles no laboratorio.

No caso dos traballos tutelados, os criterios de avaliación serán similares.

Recordar de novo que é imprescindible realizar e aprobar tanto o exame coma o traballo tutelado para aprobar a materia. A non presentación do exame ou do traballo práctico conlevará a cualificación de non presentado.

Os alumnos matriculados a tempo parcial que solicitasen e obtido dispensa académica poderán entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán para tal efecto e se comunicará ao alumnado afectado a principio de curso. Calquera situación especial do alumno deberá ser comunicada ao profesorado a principio de curso, quen a analizará e poderá proceder ás adaptacións dos mecanismos de avaliación que considere oportunas.

Aos alumnos que obteñan cualificación de suspenso ou non presentado na primeira oportunidade manteráselles a cualificación da proba escrita e do traballo tutelado para a segunda oportunidade; tendo a opción de realizar de novo a proba e/ou o traballo para mellorar a nota. Os alumnos que aproben a materia na primeira oportunidade (xuño) non poderán repetir o exame nin reentregar traballos para mellorar a súa cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes