Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Oral Communication
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas; unha porcentaxe elevada será en inglés (son linguas básicas da materia o galego, o castelán e o inglés). Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo/a estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor.
Guest lecture / keynote speech O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia.
Workshop Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do/a estudante.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante.
ICT practicals Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC.
Supervised projects O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo.
Objective test O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo. Esta proba terá carácter teórico e práctico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes