Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación multimodal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas; unha porcentaxe elevada será en inglés (son linguas básicas da materia o galego, o castelán e o inglés). Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo/a estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor.
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia.
Obradoiro Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do/a estudante.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante.
Prácticas a través de TIC Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC.
Traballos tutelados O/a estudante realizará alomenos un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo e atender as súas indicacións.
Proba obxectiva O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo, sempre e cando o profesor entenda que as circunstancias o aconsellan. Esta proba terá carácter teórico e práctico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes