Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Oral Communication
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do mestrado) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. AR10
BR1
BR3
BR5
BR6
CC7
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo docente, ser capaz de emitir no obradoiro e nas discusións dirixidas comentarios valorativos madurecidos e fundamentados nas últimas investigacións do campo, respetando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. BR1
BR2
BR3
BR8
BR10
CC4
CC6
O estudantado deberá realizar con solvencia, calidade de lingua e rigor expositivo a presentación oral do traballo tutelado diante dos seus compañeiros e das súas compañeiras e deberá igualmente emitir un xuízo sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas. BR1
BR4
CC4
CC5
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise de textos orais e na definición de estratexias comunicativas acaídas a un contexto concreto. AR7
BR4
BR5
BR7
BR8
CC4
CC8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes