Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación oral
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do mestrado) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. AI10
BI1
BI3
BI5
BI6
CM7
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo docente, ser capaz de emitir no obradoiro e nas discusións dirixidas comentarios valorativos madurecidos e fundamentados nas últimas investigacións do campo, respetando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. BI1
BI2
BI3
BI8
BI10
CM4
CM6
O estudantado deberá realizar con solvencia, calidade de lingua e rigor expositivo a presentación oral do traballo tutelado diante dos seus compañeiros e das súas compañeiras e deberá igualmente emitir un xuízo sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas. BI1
BI4
CM4
CM5
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise de textos orais e na definición de estratexias comunicativas acaídas a un contexto concreto. AI7
BI4
BI5
BI7
BI8
CM4
CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes