Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación oral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B3 B4 C4 C6 C7 C8 Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. 20
Obradoiro B1 B2 B8 C5 Realización de actividades prácticas grupais derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). 30
Lecturas B5 B6 B7 B10 C7 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor.
Esta metodoloxía será avaliada no obradoiro e nas discusións dirixidas.
10
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral B8 B10 C1 C4 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado e presentado o traballo tutelado e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 no obradoiro.

As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades (orais e/ou escritas) que non tiveren superadas.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou
alumna que non presentar o traballo tutelado e/ou non participar na realización do obradoiro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes