Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación oral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B3 B4 C4 C6 C7 C8 Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. 20
Obradoiro B1 B2 B8 C5 Realización de actividades prácticas grupais derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). 30
Lecturas B5 B6 B7 B10 C7 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor.
Esta metodoloxía será avaliada no obradoiro e nas discusións dirixidas.
10
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral B8 B10 C4 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado e presentado o traballo tutelado e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 no obradoiro.

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non presentar o traballo tutelado e/ou non participar na realización do obradoiro.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación fixado para a primeira oportunidade. O prazo para a entrega de traballos será anunciado polo profesor con antecedencia suficiente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (30%), obradoiro (30%) e traballo tutelado (40%). Realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación estabelecido para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes