Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  A avaliación de dicionarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación

Valorarase a participación activa e a interacción en grupo.
20
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 80
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue:

1.  O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 80% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

2.2) Un 20% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.

Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

Calificación de No Presentado. Recibirán calificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen menos do 30% das actividades evaluables.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.

O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.

No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes